Opinión

Un lategazo de luz

O PRIMEIRO QUE aprendimos sobre as tormentas os que nos criamos rodeados de herba, mazairas e merlos é que, se te atrapa un raio, te mata.

O segundo é que a distancia á que está a treboada pode estimarse polo tempo que pasa dende que ves o lategazo de luz ata que soa o trono. Os fogonazos electorais que nos meten cada día polo televisor dende Madrid chegan canda os tronos. Asomo á ventá para comprobar se o pacífico día de sol en Lugo rebentou con violencia. 

Sinto tanto respecto polas vítimas reais e potenciais de atentados que non me atrevo a censurar as súas actitudes, sexan de protesta ou de recollemento. Ser obxectivo dun Mateo Morral, dun Henri Parot ou dun Melitón Manzanas non admite peros.

Díaz Ayuso reñe a  Reyes Maroto por posar cunha foto do coitelo para desollar xabaríns que lle querían chantar. O PP avanza sen queixarse polo "longo túnel de sangue e sombra", como André Gide definía a violencia política. Ana Botella bailou La Macarena xunto a Los Del Río na homenaxe a Miguel Ángel Blanco. Reservaba a misericordia polo rapaz o que Eta pisoteara o corazón. Por exemplo. Entre mentres, Ángel Gabilondo segue no seu monólogo xordo e cego. Dáse a razón.

A treboada dos comicios ameaza con manter unha nube negra sobre as nosas almas unha semana máis. Onte chamei a un amigo para que fose a catedral aplacar a furia madrileña. Podería ter ido eu, pero Deus deixa en lido aos ateos e non contesta. André Gide dicía que o pecado tardara "tanto entrar nel como en saír, o que tarda un lóstrego en zumbar". O meu amigo Manuel deitase de cara sobre as baldosas frías da catedral e estende os brazos en cruz coma un cristo do sarriao Gregorio Fernández humillado ante o ceo.

Comentarios