sábado. 18.09.2021 |
El tiempo
sábado. 18.09.2021
El tiempo

O reloxo de Anxeliña

A MIÑA MULLER advertiume que non aguanta mais, que foi a última oportunidade que me dá, que esta fin de semana foi desesperante, que non volve a Francia.

Non atura os franceses. Sorpréndelle que non se molesten en falar inglés ou español, nin sequera linguaxe de signos, cos estranxeiros.

O presidente francés Giscard D’Estaing foi ao Ceo logo de morrer. Pasou ante un garda de seguridade, pasou ante San Pedro. O santo está en silencio perpetuo porque meteu a pata por falar tres veces ao cantar o galo. O presidente esperou nunha sala branca no que soaba o disco vaticano de Bob Dylan e recendía a rosas. Había un cestiño con caramelos mentolados. Colleu un. Por fin lévano ante Deus, nunha sala moi grande chea de nubes de algodón. Giscard d’Estaing pregunta: "Parlez-vous français?".

Hai franceses que se interesan polos foráneos. O sábado comprei queixo cerca de Mauleón, ao norte dos Pireneos. O queixeiro deunos a probar varios. Eu comentei os sabores coa miña muller. O home preguntoume en que idioma estabamos falando. "No idioma do final do Camiño de Santiago, onde se dirixen os peregrinos".  O home era incapaz de situar o noso país. Cansei e dixen: "É un idioma do noroeste de España". Quedou pensando e concluíu: "Galego!".

Hai franceses respectuosos. Un capitán do Nueva Juliana, un bergantín de Ribadeo, comprou un reloxo francés. Era un Moret de parede con esfera de porcelana, caixa de carballo do Loira e péndulo de barco. Fora feito no 1853.

Anxeliña entrou a servir á familia do capitán en 1950. Aprendera as regras básicas nas salesianas da rúa Trindade; entre elas, a interpretar as agullas dos reloxos. Cando ía comprar entrecot ao Mercado non paraba de presumir: "O reloxo da casa na que traballo é francés, pero fala galego".

O reloxo de Anxeliña
Comentarios