Opinión

Os nenos e os covardes

NON SON afeccionado ao  fútbol, pero cando xoga o Athletic dáme medo mirarme a un espello porque recoñezo emocións de hincha. Non me deron a escoller se quería nacer en Bilbao como non me deron a escoller se quería ser do Athletic. Nas dúas pólas da miña familia non se acorda ninguén que non militase no vermello e branco. Hai noticia de antepasados meus cantando o Alirón séculos antes de que se construíse San Mamés. Se me guiase polo capricho sería dun equipo libre de fatalismo, que tivese a victoria por hábito, como o Madrid ou o Barça. Antes que ter arraigo prefiro ser dun equipo que non perda finais copeiras contra a cidade de enfronte. Os nenos e os covardes imos sempre cos que gañan.

Foi inxusto que o Athletic perdese a Copa porque verificaran a flotabilidade da gabarra. Estiven compatibilizando o partido no móbil e a película Green book na televisión. O filme trata dun músico negro de música clásica que contrata un chófer italiano para unha xira polo sur dos Estados Unidos nos anos 50. Daquela os estratos da sociedade eran elite saxona protexida pola policía irlandesa contra proletariado italiano e xudeo. Todos ignoran as subpersoas afroamericanas. As "razas malsonantes", diría Cervantes.

Miguel Tellado cobra por enfadarse con todo o alleo ao PP. Todos os partidos teñen o seu sacaúntos para manter impoluta a figura do heroe, que Chateauebriand calificaba polo "arraigo e o fatalismo". Tellado acusa a Yolanda Díaz e a Nadia Calviño do delicto de frouxear en arraigo galego. Non sei que pensaría se revisase o meu historial médico, se comprobase o meu grupo sanguíneo. Un día reprocheille á miña nai que, sendo ela e o meu pai vascos, eu non teña o RH negativo. "Eso es culpa de tu padre", dixo e seguiu lendo o xornal.

Comentarios