Opinión

Feijóo quedou afónico

O PARTIDO Popular deu un mítin de precampaña o domingo. Non sabemos se será un antecedente da campaña para as eleccións xerais de xaneiro ou para os comicios de dentro de catro.

Estou desconcertado con este PP. Cústame entender o cambio constante das súas relacións con Vox e con Junts. O domingo Feijóo marcou un novo xiro agradecendo en público o apoio do partido extremadamente español. Mirar soamente para unha banda non é unha idea afortunada. Un bo estratega mantería abertas todas as portas; non para atravesalas, senón para que corra o aire das ambicións e a disposición a ceder dos rivais.

Pero Feijóo saíu o domingo da casa sen programa de goberno. Optou pola arenga. O seu discurso foi ayusista, no fondo e na forma. No fondo porque encadenou deu unhas volteretas dialécticas no aire soleado da praza de Felipe II. Na forma porque caeu de pé. Logrou ser aplaudido por 40.000 persoas, desmentindo a súa incapacidade para enaltecer masas. Pero quedou afónico de voz e de discurso porque non expresou nada cunha idea útil para gobernar.

Nese campo non pode competir con Ayuso. A presidenta madrieña logra a excelencia cando expresa simplezas a voces. O seu secreto é carecer de sentido do ridículo. Larga cada exabrupto coa certeza da nena que descubre que dous máis dous sempre suman catro, con claridade.

Feijóo quedou sen voz cando marchou. Perdeu a folla de cálculo, onde é moi válido. Iniciouse na caza maior de Madrid cometendo dous erros: compartir o liderado con Ayuso e someterse á disciplina de confrontación que lle impón Aznar. Ao expresidente non lle importa que a política deixara de ser unha lei de maiorías absolutas. Agora debes falar ata co teu peor demo e mesmo amnistialo.