sábado. 27.02.2021 |
El tiempo
sábado. 27.02.2021
El tiempo

Falar en politiqueiro

O AUGURIO máis preciso sobre Albert Rivera escoiteino nos billares de Bispo Aguirre en 2008. O político presentábase ao Congreso. Dani sacaba punta ao seu taco cunha tiza. "O Rivera este non vai ser presidente. Fala politiqueiro".

Un día de 1982 había eleccións xerais. Eu cumprira 18 anos. Estaba no coche co meu pai. El era un home conservador, bondadoso e afeccionado aos encrucillados. Díxome que ía votar, que se o acompañaba. "Acompañarte, si; votar, non". Agarrou o volante coma se fose un regaliz negro. Miroume cargado de furia: "Que queres? Que volvan gobernarnos os militares?".  Eu non quería que acontecese iso porque el mesmo me ensinara as virtudes da democracia, da elección maioritaria, do respecto pola decisión colectiva.

Albert Rivera defende que os políticos deben ter prioridade en vacinarse para que estean "disponibles 24 horas, 365 días". Eu fago proselitismo da democracia entre os amigos porque foi o que me aprenderon na casa. Dani desconfía dos políticos. "Con Franco non había e todo funcionaba mellor". Todo o que acontecese con Franco é preferible para Dani. Ducias de políticos vacináronse sen que lles tocase. Teñen a inmunidade de grupo para saltar as listas de vulnerables. Falar politiqueiro é facer algo incorrecto un día e ser quen de xustificalo ao seguinte. A política é unha arte efímera. Irrito a Dani dicíndolle que a ditadura custa menos que a democracia, pero que o máis barato é a anarquía. Ás veces debo calar.

Falar en politiqueiro
Comentarios