jueves. 24.06.2021 |
El tiempo
jueves. 24.06.2021
El tiempo

Falar en voz baixa

ENRIQUE Alcorta e máis eu falamos en voz baixa. Pablo Casado fala en voz alta porque está orgulloso de acudir á chamada de Colón.

Convoca "a España real". O líder do PP opina que os españois teñen os indultos dos presos catalán coma un vento continuo e desagradable que lles corre pola cabeza. A mín preocúpame a masacre eléctrica. Angustiame que a ministra socialista Calvo desdeñe que pase o ferro ás catro da mañá se o fago eu e non a miña muller. Son inclinado ao lavavaixelas e non gasto camisa. Probarei a deliñear a raia do pantalón.

Casado, dicía, está motivado para evitar que o Goberno central descenda con apareciencia de pomba sobre Lledoners. Ignora a contía da corrente que flúe polos cables da súa casa. Enténdoo. Non é tanto que poida pagar o que queira, mesmo que poida convidar a unha rolda de quilovatios aos veciños, como que ninguén debe disparar contra os paxaros do seu futuro. Fáiseme improbable que  vaia presidir nada máis importante e áureo que o Partido Popular. Pactar con Vox vai achegalo ao palacio da Moncloa na medida na que vai deixalo morrer no xardín. Poderá sumar co volátil Santiago Abascal e grupúsculos da dereita espirituosa, pero Pablo Casado non aprendeu a sumar ata 176.

Como vai esgotar a carreira política nuns anos a saída profesional está nunha cadeira de compañía eléctrica. Por iso, acudirá ao canto das sereas punitivas. Rosa Díez, Paco Vázquez e Fernando Savater encabezan esa dereita amarga cargada de belo pasado socialdemócrata. Casado buscará a transparencia fotográfica desta volta evitando a Vox.

Alcorta e máis eu seguiremos falando en baixo de frivolidades, sobre se a Odisea ten máis proveito lida en silencio concentrado ou recitada en voz alta polo corredor. 

Falar en voz baixa
Comentarios