lunes. 25.10.2021 |
El tiempo
lunes. 25.10.2021
El tiempo

O afeitado do faquir

ESTABA afeitándome cando a muller me pediu que saíse comprar uns plátanos maduros.

Cando me afeito a miña cara parece o ceo. Non por ser guapo —hai tres ou catro anos que deixei de selo—, senón porque apuro a coitela. Deixo as meixelas cheas de trincheiras sangrantes. Aplico varios algodóns nas feridas de guerra. Camiño pola rúa con nubes brancas nas meixelas.
Tras varias mañás de néboa que se pegaba ao corpo da cidade coma un edredón onte facía sol. Era bastante cedo, o necesario como para que atopase unicamente a Antonio Ameijide na Praza Maior. Estes días laborables entre festivos son coma policías regulando o tráfico na vella praza dos Irmáns Pedrosa: nunca sabes que fan no medio. Antonio e máis eu madrugamos e saudámonos coa alegría dun día de proveito

Comprei os plátanos máis maduros que atopei, Non estaban todo o marróns que esixe a miña muller, polo que decidín facer tempo ata o mediodía. Quéreos doces ata o empalago porque os usa para facer xeados. Calculei que en catro horas malo sería que non collesen un aspecto brando. Daquela volvería á casa. Achegueime á Modernita tomar uns cafés.

Había ben tempo que non sabía de Ángel Curtis. Como trinta anos. Era a primeira vez que o vía en persoa. Ángel actuaba nos anos 70 na televisión de Prado del Rey. Marchara dende Curtis a Madrid con 15 anos. Viviu de atravesar a cara con agullas, camiñar sobre botellas rotas e subir unha escaleira de gadañas.  O presentador José María Íñigo advertía que non tratásemos de imitalo, pero en Ribadeo non lle facíamos caso. Eu xa era covarde daquela, así que animaba a Salvador Echevarría. Un día xuntamos as agullas de calcetar das nosas nais para furarnos as meixelas, pero non demos feito. Pareceume onte que Ángel esta  afeitado impecablemente.

O afeitado do faquir
Comentarios