Opinión

Bautista é quem máis ordena

ADOLFO de Abel botou a posguerra comendo pan de sombra e millo. Un día déronlle un cacho de pan pálido. Tirouno polo medo a que tivese leucemia.

Viñamos desa Galicia  en 1981, cando se formou o noso primeiro parlamento. De Abel (xéminis) representaba a Alianza Popular. Este historiador é un dos nomes que aparecen nun álbum de pirmeiros parlamentarios galegos que escribiron María Xosé Porteiro e Xosé Antonio Perozo. Prestoumo Paco Nieto, que andaba lendo nel en La Modernita.

A obra presenta  o káiser da UPG,  Bautista Álvarez (aries),como un home no que domina o sentimento, "aínda que non se sabe se é positivo o negativo".

Os autores indican o signo zodiacal de cada parlamentario. Pensarían que o horóscopo podía influír no futuro da institución. Eu concordo co medo que confesaba Benxamín Casal (capricornio), que se presentara polo protectorado do PSOE. Desconfiaba das armas nucleares por se estouraba a Terceira Guerra Mundial.

Guerra Fría era a que facía Antonio Gato. Fora expedientado nos anos 70 por falar de socialismo no colexio onde daba clase. Para Anxo Guerreiro os temores eran mesmo palpables: "Son comunista porque non podo ser optimista". No Avante, o pub de Compostela, declárase a independencia cada día  ás 18.33, o ano en que deixamos de ser reino. Os rapaces cantan "Grândola, vila morena/ Bautista é quem máis ordena". 

Ceferino Díaz lamenta nese libro que Galicia "non tivo revolución burguesa nin industrial" no século XIX. Benxamín Casal reviviu aquel tempo sendo estudante. Montou nun burro e marchou a Bélxica para entregarllo á raína. A viaxe require disciplina. Bautista sabería do que falo: "Que ninguén me dea leccións de disciplina: pasei polo seminario, milito na UPG e son do Real Madrid"...

Comentarios