Blog | A Nación Portátil

Un home empezado

Henry MiIler fala na novela Plexus de cando aínda non era escritor, pero xa ideara selo. No seu caso, esa decisión foi fundamental porque consagraba a cada actividade un tempo completo, consistise en  pasar fame, en practicar o sexo ou en timar. Aínda non sentara a escribir e xa se consideraba un home acabado. E así quería chamar o seu primeiro libro. Considerouno cando soubo que un tal Giovanni Papini xa o publicara. O título non ten outra trascendencia que causar pena, pero non me atrevo a dicilo porque podería lelo Juan Tallón, o gardán da biblioteca máis completa de Papini que se coñece, e  facerme algunha admonición. Miller optou por Trópico de Cáncer e, dende que tomo esa decisión, logrou triunfar como escritor a tempo completo.

Comentarios