Blog | A Nación Portátil

A barba da política

O problema maior da política é que ten incrustados políticos que non queren exercela. A cada boletín informativo esixen recurtar cunhas tesoiras de tecnócrata a politica de asuntos que requiren decisións políticas, como a sanidade, a educación ou as pensións. Houbo un momento exacto logo da vitoria militar de Fidel Castro, entre que aqueles rapaces verdes derrogaran ao tirano e aínda non evolucionaran a tiranos, no que se decataron de que as guerras non rematan coa derradeira bala, de que as vitorias conlevan desagradables apuntamentos contables. Na xuntanza estaban as principais barbas daquela revolución. Fidel preguntou: "Quen é aquí economista?" O Ché logo se ofreceu. Reverstírono con sinatura no Bando Central e armárono cunha modernísima máquina de calcular que nunca aprendería a usar. Pouco tardou en fuxir de si mesmo e daquela responsabilidade cara á selva, para continuar a política por outros medios. Cando lle preguntaron, explicou: "Eu non entendín 'economista', entendín 'comunista'".

Comentarios