jueves. 21.01.2021 |
El tiempo
jueves. 21.01.2021
El tiempo

Marco Xuño come espinacas

ESTABA tostando améndoas para alegrar unhas espinacas cando lembrei que ese prato era o que comía Bruto cando se escondeu na Outeiro Capitolino de Roma tras acoitelar a Xulio César. Quería matar a ditatura e alumbrar a república.

Postos a cuestionar dirixentes os galegos somos elegantes. Non apuñañalamos nin irrompemos. José Luis Baltar non violentou O Hórreo cuns autobuses ateigados de gardas civís, nin sequera entrou no noso parlamento disfrazado de Búfalo Bill. Abondoulle con mandar ao fillo pecharse nun piso con outros cinco deputados no 2005. O desafío do "agora non respiro" soa infantil, pero dobregou a Fraga. O primeiro que fixeron Marco Xuño Bruto e os seus ao chegar ao outeiro foi amosar "os coitelos espidos coas mans cheas de sangue chamando ao pobo á liberdade", se nos fiamos de Plutarco.

O mércores vivimos un tráiler do que vai ser a democracia neste século. Amenceu nos campos de algodón de Georgia coa vitoria electoral do fillo pequeno dunha recolectora e dun xudeu, e cando se puxo o sol cun grupo escolar visitando o Capitolio sen permiso. O Outeiro Capitalino foi un lugar de sangre, fereza e brutalidade ata que Miguel Anxo deseñou o Capitolio. Un afroamericano e un xudeo entrarán lexitimamente no Capitolio norteamericano. Parécenos marabilloso, pero eles xa elixiron un presidente que non era branco e aquí nin soñamos cun xitano ou un árabe na Moncloa.

Os visitantes non paraban de facerse fotos, de revolver nos apuntamentos dos congresistas e non faltou o lacazán que se deita botar unha sesta. O movemento foi improvisado porque non levaban bocadillos envoltos en papel de aluminio. O ideal tería sido facer bólas e lanzalas dun escano a outro. 2021 ameaza con ser unha versión mellorada de 2020.

Marco Xuño come espinacas
Comentarios