jueves. 21.01.2021 |
El tiempo
jueves. 21.01.2021
El tiempo

Dous reis, dous papas

A frase de Nancy Pelosi, presidenta da Cámara de Representantes nos Estados Unidos, foi impertinente

Os congresistas están discutindo se precipitan o desaloxo de Donald Trump da Casa Branca e, sobre todo, que non poida volver presentarse ao cargo e vai Pelosi e solta a graza de que "somos un estado de dereito, non unha monarquía cun rei".  Pois, mire vostede,señora, en España non é que teñamos un rei, temos dous. En Europa sóbrannos dignidades: dous reis, dous papas. Vostedes teñen un único presidente da Academia de Hollywood.

 Como se fose unha deshonra ter rei! O monarca é unha figura importante, aínda que non sabemos o motivo. Adolfo Suárez fixo a famosa confesión a un micro que el cría pechado: "No hicimos un referéndum sobre la monarquía porque lo perdíamos", así que lo coló de rondó en la Constitución. Suárez calaba as razóns polas que España deba ser unha monarquía. Cando foi pechar o palacio de El Pardo a empresa de mudanzas Alcántara estaba levantando o escritorio e el atopou unha nota: "Adolfo, no te olvides de comprar el pan y no se te ocurra preguntar al pueblo sobre la monarquía. Francisco". Así que hai unha causa mortal de necesidade que non coñecemos. Sendo eu neno non existía o certame ‘¿Qué es un rey para tí?’. Rapaces de toda España achegan propostas para que nos fagamos unha idea dese argumento que Suárez ocultaba como unha revelación gnóstica.

As palabras de Pelosi parecéronme ferintes porque atacan directamente á Constitución que nos deron. Sabe perfectamente que o emérito houbo de marchar a milleiros de quilómetros de La Zarzuela porque é un octoxenario civilizado con temor fundado ao coronavirus. Nada comparable coa ordinariez asaltante do Elvis amarelo e zoupón.

Dous reis, dous papas
Comentarios