jueves. 04.03.2021 |
El tiempo
jueves. 04.03.2021
El tiempo

Un cabalo de Troia pasta na Garaballa

El edificio Impulso Verde. VICTORIA RODRÍGUEZ
El edificio Impulso Verde. VICTORIA RODRÍGUEZ

O HERDEIRO aceptoume dar un paseo dende a nosa casa, ao lombo do Gran Hotel, ata As Termas. O Herdeiro ten 14 anos. A esa idade sabes que o teu pai non comprende a sutilezas do mundo moderno; sabes que ten costumes que se asoman á vellez, como camiñar varios quilómetros para ir a ningures, facer nada e volver á casa.

No final da andaina vimos o edificio piloto do barrio multiecolóxico na Garaballa. É un bloque de madeira  de eucalipto autóctono que me lembrou ao Cabalo de Troia. Ulises cansara de asediar a cidade. Ideou un cabalo de madeira, compacto, sen ventás, para regalarllo aos troianos. Estes, agradecidos, metérono dentro de murallas. O artefacto estaba preñado soldados gregos. Abriron as portas da fortaleza. Foi eficaz. Dubido de que custase millón e medio de euros.

Alfredo Conde, exconselleiro de Cultura, aseguroume que foi el quen seduciu a Fraga coa Cidade da Cultura. Convenceuno de deixar unha obra para a pasmosa contemplacións dos séculos. Púxolle como modelo a reforma da Biblioteca Nacional de París que legou Francois Miterrand. Levantouse a Cidade da Cultura, aínda errante na busca do seu destino.

Rubén Arroxo xestiona a peonalización da muralla para o seu álbum de logros,polo supoño que Lara Méndez pretende deixar un barrio multiecolóxico como lembranza de alcaldía. Ao cabo, parece necesario nunha cidade de hortas entre bloques de edificios e na que as ovellas pastaban ata hai setenta anos no centro, ata que Eloy Maquieira proxectou o parque de Rosalía como cidade-xardín.
Ao regreso do paseo co Herdeiro estaba esgotado e deiteime. Visitoume o pesado dragón do soño. Reveloume que as sombrillas de Mauricio Repetto eran o cabalo de Troia socialista. Regaláronllo aos populares para telos entretidsos opositando con nimiedades.

Un cabalo de Troia pasta na Garaballa
Comentarios