martes. 28.09.2021 |
El tiempo
martes. 28.09.2021
El tiempo

O lapìs e o papel

UNHA ESCOLA dun pobo do Amazonas, unha mestra estáballes a contar un conto ao seus alumnos, sobre a importancia de coidar o medio ambiente.

O conto era o seguinte: O lapis e o papel:

Un día ao papel entroulle a gran curiosidade de saber cales eran as súas oríxes e decidiu ir a preguntarlle ao seu gran amigo o lapis a ver se el tiña a resposta a esa pregunta. O lapis díxolle que eran tantas as cousas que escribía que non se acordaba de moitas delas e que desa non sabía dicirlle nada, pero tiña moitos amigos que o podían axudar coa súa busca.

O primeiro que atoparon foi ao afialapis e fixéronlle a mesma pregunta, e este díxolles que non podía darlles unha resposta, que o seu traballo era só sacarlle punta aos lapis, pero díxolles o nome de alguén que os podía axudar coa súa busca, e ese alguén era o da súa amiga a enciclopedia que contiña moita información.

Os tres amigos foron na procura da enciclopedia das letras M-P, xa que sería a que podería ter a información sobre o papel, e tamén lle fixeron a mesma pregunta, e ésta dílloxes que a atoparían na páxina 116. A enciclopedia abriu as súas follas ata dita páxina e alí puideron ler que o papel proviña das árbores, dun proceso que facían os humanos coa madeira das árbores, e de ahí sacaban o papel. Mentres estaban lendo, escoitaron un pequeno ruído e viron unha goma agochada detrás dun lapiseiro, e ela cun tono de voz baixiño díxolles que escoitara a conversa que tiveran, e que ela gardaba moitos segredos e un deles estaba relacionado coa información que estaban a buscar. Explicoulles que o seu traballo era borrar moitas palabras e debuxos feitos por equivocación e outros que borraban para que outra xente non soubese algunhas cousas.

Explicoulles que fai tempo tivera que borrar uns mapas da selva do Amazonas onde había uns debuxos onde se vía que ían talar moita cantidade de árbores e que aquela zona quedaría sen vexetación.

Todos os que escoitaban a explicación da goma quedaron abraiados co que estaban a escoitar. Nese intre o papel díxolles que entre todos tiñan que facer algo para que o resto da xente soubese o que algúns homes pretendían facer. O lapis, que era moi ocorrente, tivo unha idea: fixo un escrito no papel explicando todo aquilo que descubrirían. Escribírono en moitos idiomas para que así todo o mundo que atopara o papel entendera o que alí estaba escrito. Cando rematou,o papel púxose nunha fiestra e esperou a que houbese unha ráfaga de vento que o elevase polo mundo enteiro.

A primeira persoa que atopou o papel, leuno con moita atención e botouno a voar para que outra xente tamén o puidera ler. Foi tanta a xente a que o puido ler que incluso foi a noticia máis importante naqueles días, e conseguiuse que aqueles plans de talación das árbores non se levaran a cabo.

O obxectivo de aquel grupo de compañeiros tivo un final moi bo.

A mestra cando rematou de contar aquela historia preguntoulles aos seus alumnos se tiñan algunha pregunta. E todos eles dixeron que non, xa que o conto estaba moi ben explicado. Díxolles ademáis que era un conto cunha moralexa: "Coida a natureza que temos, xa que non temos outra".

Marcos Cabada Dopico 

O lapìs e o papel