martes. 21.09.2021 |
El tiempo
martes. 21.09.2021
El tiempo

A derradeira decisión

Seguiamos tratando de convencernos cos argumentos e expresións sobre cal sería a derradeira decisión, pero por máis que levaramos máis de seis horas non dabamos feito un paso máis. Paulo trataba de xustificar ás decisións de maneira neutral, Sonia buscaba unha posición mais cómoda para xustificar o seu punto de vista, Anxo predicaba o principio da lei do más forte, Pamela quería rematar pronto, e mentres tanto Manoel non paraba de facer trasnadas entre bromas e imitación.

"Por máis que levaramos seus horas non dabamos feito un paso máis"

"Se durante centos de anos sempre se aplicou a lei do máis forte, é claro que a decisión ten que ser así, a evolución da especie non poder cambiarse, e ciencia, e a ciencia non pode discutirse, aínda por moito que vos poñades de acordo, aínda engado outra cousa, é que estes mecanismos de construcións democráticos, na miña opinión, soamente nos atrasan e fannos ser menos áxiles, menos fortes, é dicir, o atraso causa debilidade", mantiña Anxo, que invocaba para el, o dereito absoluto da certeza. Os outros sen embargo no se mantiñan atrás: "Non comprendo por que queredes seguir perdendo tempo, fai sol, que xa é raro coa semana que tivemos, ó único día que fai sol, que se pode ir a praia, que además confirmóronme uns amigos que na costa fai sol tamén, e sigo a perder aquí tempo con vos, é que ademais non sei por que me deixo liar por estas parroquiadas, non podemos pasar do tema e irnos sen máis, que importará se decides ou non, son parvadas", trataba de elevar Pamela por encima dos demais, para intentar rematar a conversa. "Non tedes nin idea, por que non vos poñedes na miña posición, e nas que temos vivido a xente coma min, as cousas non son así, a idea que manteñedes síntese como antiga, non e máis que algo do pasado, que está destinado a que desapareza sen máis, a xente reunida e por exercicio democrático poderá modificar o que queira, e así as cousas serán totalmente distintas, por que así ten que ser, e calquera outra maneira distinta, non debe ser escoitado sequera. Se tese que decidir pola xente por que non sabe o que di, farase, polo ben de todos, as ideas que queredes empregar non son máis que mecanismos de opresión", argumentaba Sonia, con forza, collendo aire entre frase e frase ipara darlle pulos a cada unhas das palabras que esgrimía. "Dos antigos, que quere dicir ante o figo, como cando o agricultor recolle a froita, jajaja, dos que recollen a froita entón, jajaja", dicía Manoel facendo das súas, mentres que a vez usaba o móbil, e paraba a discusión. Paulo volveu retoman a conversa: "A ver, o que temos que facer e poñernos de acordo cos cousas que temos, por iso activamos os mecanismos de solución de conflitos que temos habilitados; soamente a través de una conversa tranquila, fluída e respectando e escoitando o que di cada un, podemos chegar a unha solución favorable para todos, xa o dicían os antigos gregos: idiota era aquel que non participaba nas decisión públicas que ateñen o pobo; a decisión que estamos aquí a tomar, require de tempo e boa vontade por cada un de vos, aínda que precise tempo, podemos facer... por exemplo... por avanzar... apuntar nun papel en branco, en segredo, cal das ideas que escoitamos ten máis valor e así, despois rechazamos ó resto para...." Nese momento entrou Segundo, o dono do bar, e mentres se levaba o prato coa derradeira croqueta sen comer, dixo: "Chavales que xa son ás 00:45 e cerramos, Feliz Navidad", como sempre dicía; así, sen máis, a derradeira decisión foi tomada.

José Luis Bermúdez Salinas

A derradeira decisión