Opinión

Os venres do Fraggle

O Fraggle, unha noite calquera. L.F
photo_camera O Fraggle, a penúltima noite. L.F

UN VENRES non será venres sen deixármonos caer por onda Esteban, pedir un jameson-cola e botar uns dardos ardorosos mentres de fondo soa, atronador, Led Zeppelin. Un venres non será venres sen unha discusión calquera a berros no Fraggle, absurda case sempre. Como aquel día en que nos encerellamos por Abrines; como tantas algaradas polos motivos máis insospeitados. A nebulosa do Fraggle era a luz ao final da áspera semana, a antesala trepidante dun sábado e un domingo prometedores. O Fraggle pechou. Como saberemos agora cando comeza a fin de semana? O baleiro é tan grande como os recordos dunha década inigualable que se pecha ao mesmo tempo que a porta luída de Rodas, 17.

Comentarios