miércoles. 03.06.2020 |
El tiempo
miércoles. 03.06.2020
El tiempo

Con textura de papel hixiénico

A APOCALIPSE ten olor a xel desinfectante e textura de papel hixiénico. A imbecilidade do ser humano destápase na cola do Gadis. A solidariedade, por sorte, tamén abrolla entre a histeria. E o enxeño. Miro con angustia o calendario baleiro de fútbol e baloncesto e celebro que aínda non se suspendera o torneo de candidatos de xadrez. Calculo que libros ler e outras formas de entreterme para non lembrar canto me gustaría estar en Madrid. Podería reordenar o armario. Podería. Ou podería escoitar en bucle un disco ao azar de Nacho Vegas. Pero opto por non cortarme as veas e poño Virus de Iron Maiden. "Hai un virus maligno que ameaza a humanidade...". Por fin algo que non fala do coronavirus.

Con textura de papel hixiénico
Comentarios