Opinión

ShOU-man

Jácome, nas termas. TWITTER
photo_camera Jácome, nas termas. TWITTER

SEGUIR A actividade pública de Jácome é unha delicia. Non se lembra showman igual en terras ourensás desde a época boa de Moncho Borrajo. Se é que a houbo. Jácome pode anunciar tanto un parque acuático como un centro de intelixencia artificial; pode somerxerse, Fraga style en Palomares, nas termas de A Chavasqueira e mesmo pode berrar nun pleno a un edil da oposición coma quen berra ao colexiado no Couto.

E só Jácome –e quizais Abel Caballero– pode promocionar Halloween cuns vídeos máis propios de Muchachada Nui que do alcalde da terceira cidade galega. Por iso, ás eleccións municipais de 2023 só lles pido unha cousa. Que a xente vote a quen queira, por suposto, pero que, por favor, pense sempre nas risas. Que é o que nos queda.

Comentarios