sábado. 07.12.2019 |
El tiempo
sábado. 07.12.2019
El tiempo

Redondo non é Charlie Bell

O 10-N deixa un bloqueo que nin Rubén Garcés [*]. Era de agardar. E confirma que Iván Redondo non as crava como Charlie Bell. As eleccións sucédense en España coma as triplas no básquet moderno: unha tras outra, sen sentido. Mentres, Abascal, ese pivote tosco pero incomprensiblemente efectivo, atopa sitio na zona. Casado, barba mediante, recupérase a medias co efecto Harden. Iglesias, como os Hernangómez, estáncase. E a Rivera xa non lle entran ningún tiro. O 10-N tampouco tapona a ferida aberta entre España e Cataluña. A súa é como a amizade entre Divac e Petrovic: rota por unha bandeira. O xenio de Sibenik morreu subitamente e o pivote serbio chorou para sempre por non poder reconciliarse. Aquí aínda se pode pedir tempo morto.

[*] Advírtase a capacidade adivinatoria do autor, que concibiu o artigo sobre o bloqueo político apenas unhas horas antes de que PSOE e Podemos anunciaran, iso si, de forma inesperada, o seu pacto de goberno.

Redondo non é Charlie Bell
Comentarios