sábado. 04.12.2021 |
El tiempo
sábado. 04.12.2021
El tiempo

A porta de atrás do Rivendel

A porta de atrás do Rivendel, este domingo
A porta de atrás do Rivendel, este domingo

A NAI NON lle gusta que escriba sobre bares e pubs, que van pensar que o seu fillo anda na mala vida, pero resúltame máis doado falar deles que, por exemplo, do deserto do Kalahari, principalmente porque nunca estiven no sur de África e nos bares e pubs algunha vez si que me deixei caer. Síntoo, Nai, pero teño que contar que me conmoveu ver a porta traseira do Rivendel convertida no podredoiro das grandes noites da miña xeración. Quedan un bidón enferruxado e uns cascallos como únicos gardiáns do que outrora fora a entrada a aquel paraíso punk de baños pestilentes. Maldixen o paso do tempo. E funme muralla arriba mentres na cabeza resoaban en silencio atronador os acordes e a letra de No hay tregua: "Es el juego del gato y el ratón..."

A porta de atrás do Rivendel, este domingo

A porta de atrás do Rivendel
Comentarios