Opinión

Política de surtidores

TODO O mundo sabe que para que unha reunión sexa secreta debe celebrarse sen luz nin taquígrafos. En Lugo, ademais, parece existir unha regra non escrita que obriga a que estes encontros clandestinos teñan lugar nas gasolineiras, como a de José Blanco con Jorge Dorribo en Guitiriz ou, agora, a (ou as) de Manuel Martínez con Elena Candia no Corgo. A este paso, Lugo vaise converter na Atlantic City galega. Para que falar ou negociar nos lugares reservados para iso, como deputacións, consistorios ou parlamentos! Nada como as estacións de servizo, xa que, postos a prender a mecha que dinamite unha institución ou un pacto de goberno, que mellor que ter uns cantos litros de gasolina a man.

Comentarios