martes. 25.01.2022 |
El tiempo
martes. 25.01.2022
El tiempo

Pánico no supermercado

Produtos no supermercado. PIXABAY
Produtos no supermercado. PIXABAY

CONTABA A bióloga Eva López Quiroga nunha charla recente que houbo unha época na que entrar ao súper lle producía unha anguria tremenda. A súa conciencia medioambiental era tal, por inabarcable, que se poñía instintivamente a calcular a pegada ecolóxica de cada produto, de cada andel ateigado de alimentos sobreembalados e chegados desde os confíns do globo. Sentía sobre si todo o peso da responsabilidade de manter limpo o planeta.

O outro día, no baño do Teatro Principal de Santiago, enfronteime tamén a un dilema ambiental. Moito máis modesto, iso si. Secador eléctrico ou papel de usar e tirar? Que sería menos daniño para a Terra? Pensei en Endesa. Logo pensei en Ence. E cheguei á conclusión de que isto da ecoloxía é algo moi complicado para o que hai que estar moi ben preparado. Acabei secando as mans á perneira do pantalón.

Pánico no supermercado
Comentarios