Opinión

Odiar a Alcaraz

Alcaraz e Viqueira. CJ GUNTHER  EL PANTERA
photo_camera Alcaraz e Viqueira. CJ GUNTHER EL PANTERA
SE VOSTEDE é unha persoa de ben ten que odiar a Carlos Alcaraz. Detestar o seu brazo hercúleo, aborrecer o seu carácter gañador, abominar a súa insultante xuventude e repudiar o seu precoz triunfar. Porque Carlos Alcaraz fai dano á xente normal que, coma vostede e coma min, non ten máis expectativa que ver morrer o domingo mentres engule unha pizza do Domino’s e contempla na tele os mellores goles da Terceira Federación. Sentir unha sa aversión por Carlos Alcaraz é o máis natural. Recomendable, incluso. Reconforta. Para ídolo sempre nos quedará Emilio Viqueira, un tipo coma vostede e coma min, que non lle di non a unha boa empanada de liscos. Que necesidade hai de rozar a perfección canónica podendo ser un fondón con flow?

Comentarios