Opinión

O paracaidista e o farol

UN PARACAIDISTA esnafrado nun farol. Non. Non é a última canción de Melendi. É unha sensación. Quen non se sentiu así algunha vez? Tanto tempo agardando por algo e, no momento da verdade, tremelicar, esvarar, caer, tatexar, esnafrarse contra un farol. No día e hora sinalados, quedar pendurado dez metros sobre o chan, con ese sabor frío e metálico do aceiro inoxidable no bico dos beizos. A certeza de que unha inmensidade te observa. E ti, anoado a un farol. Coa bandeira a media hasta mentres os ollos da xente permanecen cravados no futuro meme no que te converterás. Silencio enxordecedor. Ata que, ao fin, chega o rescate. Espertar e, enfronte, a mirada cristalina do rei.

Comentarios