Opinión

É un mondo difficile

É UN MONDO difficile’, cantaba Tonino Carotone nos albores dio século. As aparencias enganan. ‘È un mondo difficile’ no que temos que enfrontarnos, día a día, a centos de trampas e enganos. Tonino Carotone chámase Antonio de la Cuesta e naceu en Burgos. ‘È un mondo difficile’. Que é real? Que mentira? Todo é confusión. O artista que semellaba ser un crooner italiano criouse en realidade entre morcillas. Se nos engana Tonino Carotone para vender unha presada de discos, que non farán os políticos que se xogan en cada elección centos de postos de traballo e miles de euros para financiar o partido? ‘È un mondo difficile’. E, como dicía Tonino Carotone no seu italiano inventado, ‘il futuro è incerto’.

Comentarios