Opinión

Mickey Mouse

Welcome to the Disneyland
photo_camera Welcome to the Disneyland

O LÍDER berrou "camarero, camarero, una de pan Bimbo" e o coro adolescente replicou, ao unísono, "seré tu amante pan Bimbo, pan Bimbo; corazón, corazón malherido". Logo o grupo perdeuse entre a amálgama de peregrinos e furgonetas de repartición que é a Rúa dos Concheiros ás nove da mañá e eu decidín que era boa hora para erguerse.

Santiago non será o disneyland dos católicos que reza a pintada da Rúa de San Pedro, pero pouco lle falta. Supoño que por iso, cando se achegan ao Obradoiro, os camiñantes rebordan todo ese entusiasmo. O mesmo que desprende o neno que pasa toda a viaxe a París fantasiando co seu encontro co apóstolo Mickey Mouse. Unha mágoa que ao final só agarde un home disfrazado de rato.

Comentarios