Opinión

Mick

Mick, pero non nun antro de Lugo. EFE
photo_camera Mick, pero non nun antro de Lugo. ARQUIVO
DIN QUE en verán case non hai noticias, que hai que buscalas baixo os mexillóns do Miño. Pero é mentira. O outro día tocaron os Rolling en Lugo. E iso é un notición. Ou non? Eu estaba alí, no bolo que deron nun antro da Tinería. Como sospeitaba que ninguén me ía crer, pedínlle a Mick unha foto. El colocouse presto. E tamén para o selfi. Un tipo encantador Mick. Pero eu, talvez nervioso pola satánica presenza, non atinei coa cámara interior do móbil e só inmortalicei unha triste e deslucida parede do local. Terán que crer a miña palabra. Igual que se cre ao fillo parvo que chega á casa ás tantas cambaléandose mentres balbuce que lle sentaron mal os mexillóns da cea. 

Comentarios