Opinión

Independencia

Operarios observan en nuevo derrumbe del viaducto de Castro. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera O que queda do viaduto do Castro. VICTORIA RODRÍGUEZ

SE O Exército Guerrilheiro levantase a cabeza non atoparía mellor momento ca este para loitar en prol da independencia. As comunicacións coa meseta viñéronse abaixo co viaduto do Castro. E os devastadores incendios de Zamora fan de cortalumes para frear os turistas ansiosos de polbo e albariño que xa asoman por Sanabria.

Unha vez sós, os galegos teriamos unha oportunidade única para dar un golpe en San Caetano e instaurar un goberno de concentración tricéfalo presidido polas Tanxugueiras. 

Sería un verán de ailaralalá e ailaralalelo. E de verbena en verbena pasariamos a gorra para recadar os fondos necesarios para resolver os principais problemas da Galiza. Comezariamos, por suposto, por mellorar as deficientes comunicacións coa meseta que impiden que cheguen os turistas ansiosos de polbo e albariño.

Comentarios