Opinión

Humanos pouco de fiar

Uno de los aviones que transportan armas a Ucrania. EFE
photo_camera Unha pomba da paz disfrazada de avión con armas para Ucraína. EFE
HAI QUEN di ser pacifista mentres apoia o envío de armas a Ucraína. Hai quen saca a foto co lazo lila o 8-M e ao día seguinte reclama que se reduzan os fondos para igualdade porque hai outras prioridades. Hai tamén quen se considera ecoloxista e logo compra por AliExpress o calzado para ir facer o roteiro semestral. Por haber, ata hai quen presume de moderado e para alcanzar o ceo acaba pactando, se fai falta, co mesmísimo diaño. Así somos os humanos. Hipócritas, mentireiros, pouco de fiar. Incluso hai quen pretende darse ínfulas con aparentes reflexións sobre a condición humana cando o único que lle importa realmente é o partido desa noite do Atlético de Madrid.

Comentarios