Opinión

Humanos de pel moi fina

Fotograma da serie 'Raised by Wolves' que presuntamente inspirou o soño do autor
photo_camera Fotograma da serie 'Raised by Wolves' que presuntamente inspirou o soño do autor

NON ESTOU seguro de se foi o agromar súbito dun oculto instinto paternal ou máis ben todo o contrario, pero o outro día soñei que tiña un fillo. Un fillo translúcido, concretamente. Comprendan a sorpresa que levei, por moito que dun soño se tratara. Imaxínense tamén a preocupación que me embargou, pois era evidente que ao meu primoxénito, oh sangue do meu sangue, lle faltaba un fervor. Foi así que, no que naquel momento semellaba un estourido de lucidez, se me ocorreu darlle un último toque de cocción meténdoo, enteiriño, na cafeteira en plena ebulición. Non vou falar aquí do resultado final da miña ocorrencia, pero si que me gustaría facer unha reflexión para todos vostedes: non nacemos agora os humanos coa pel demasiado fina?

Comentarios