Opinión

A vida entre trincheiras

Morata. DAVID RAMOS
photo_camera Mirada de killer. DAVID RAMOS

CREO QUE vou con España. Por primeira vez. Nunca fora coa selección. Talvez simpaticei algo (pouco) na época de Luís e Torres. Nada máis. Pero o outro día sorprendinme animando a Morata. A Morata! Imaxinen a miña confusión. Pregunteime durante varios minutos por que. Sentía que estaba traizoando os meus principios máis sólidos. Tranquilizoume pensar en Felipe González. El leva anos traizoándoos e segue érguendose cada mañá.

No meu caso, ademais, había unha explicación: o maldito 11-J. Só pronunciar o seu nome prodúceme arrepíos. O 11-J é o grupo que temos os colegas da facultade en WhatsApp. E dá igual que se fale da Eurocopa ou da última peli de Kaurismäki; sempre hai debate. Agre debate. Mesmo cando todos estamos de acordo.

Para sobrevivir no 11-J, ao igual que na guerra, o importante é cavar unha trincheira e facerse forte nela. E agora toca ir na de Morata. Si. E tamén na de Luis Enrique, vilipendiado, como está, polos que non soportan o seu pasado culé nin o seu libérrimo carácter. Mañá quen sabe. Talvez haxa que pedir a sua dimisión.

Comentarios