Opinión

Franquistas, Trump e Rivera

SON SEMANAS de información densa. As noticias, secas coma a area, custa mastigalas e fan bóla. Pero, de entre tanta tensión, sempre abrolla o humor. "Estado ditatorial", rezaba a pancarta que portaba o xoves un entrañable grupo de franquistas no Val dos Caídos. Sería unha xenialidade de non ser porque o dicían totalmente en serio. Tamén en serio, pero en Siria, os Estados Unidos abateron —os malos son abatidos, nunca asasinados— un líder do Isis. Trump proclamaba: "Hoxe o mundo é un lugar máis seguro". Sería certo de non ser porque era Trump quen o proclamaba. Pero, cando xa todo parece insuperable, é cando emerxe Rivera, desta volta con esa delicia do humor absurdo titulada Liberales ibéricos.

Comentarios