Opinión

Fenómenos chanantes

Pablo Casado, en una granja. EFE
photo_camera Entre vacas. EFE

HAI FENÓMENOS inexplicables, como os goles que encaixa o Atleti, e outros tan fáciles de comprender que sobra explicación. O PP quedou sen a maioría absoluta que lle daban as sondaxes internas cando adiantou as eleccións en Castela e León. Na campaña, Casado puxo no asador toda a carne das macrogranxas. Aten cabos.

O líder do PP é por momentos un meme de si mesmo para gozo de moitos, especialmente de Ayuso. Pero sobre todo para deleite dos amantes do humor absurdo As "remolachas atacadas" e a "coalición drácula" poderían ser ocorrencias de Joaquín Reyes nos mellores anos de La hora chanante. A Casado cáenselle as ideas hilarantes. E agradécese. Se non, a política sería case tan aburrida como unha gala dos Goya.

Comentarios