domingo. 24.10.2021 |
El tiempo
domingo. 24.10.2021
El tiempo

Na era do ocio ‘nesquik’

TEÑO CATRO libros comezados e sen rematar. Deixo series sen aprender sequera o nome do protagonista. Quedo durmido aos 20 minutos de calquera película. E son incapaz de escoitar un disco do tirón. Os partidos de fútbol duran unha eternidade —e máis desde o Var—; os de baloncesto son insufribles co instant replay. A vida vai a toda velocidade e tamén a forma na que nos entretemos. Triunfan os vídeos de TikTok. A xente infórmase por chíos e liga deslizando fotos en Tinder. Ninguén se para xa a ler unha revista na sala de espera do dentista podendo dar un like en Instagram. Vivimos na era da cultura e o ocio ‘nesquik’. Todo instantáneo, por favor. E as reflexións caben nas 22 liñas dunha colmea.

Na era do ocio ‘nesquik’
Comentarios