Opinión

Constitución mutante

A constitución tipo pera, primera pola esquerda, é facilmente recoñecible pola súa forma de pera, como o seu propio nome indica. BELLO MAGAZINE
photo_camera A constitución tipo pera, primera pola esquerda, é facilmente recoñecible pola súa forma de pera, como o seu propio nome indica. BELLO MAGAZINE

SEMPRE FUN moi de Constitución. De Constitución barriguda, concretamente, como me dixo en certa ocasión unha ex moza. Só durante a adolescencia, cando galopaba polos campos da provincia coma un corcel, alcancei unha Constitución atlética, cun torso hercúleo e uns cuadríceps que envexaría o mesmo Haaland. Talvez esaxere. Pero non minto se digo que tanto antes, na escola, coma despois, na universidade, fun de Constitución tipo pera: delgado na meirande parte do corpo agás na cintura, onde emerxía mol, fofa e branda unha protuberancia circundante de procedencia ignota (probablemente lípida). O flotador de toda a vida. Supoño que co paso dos anos a miña Constitución mudará, como mudan, adaptándose aos novos tempos, todas as Constitucións. Ou case todas.

Comentarios