lunes. 16.05.2022 |
El tiempo
lunes. 16.05.2022
El tiempo

Como Mike

Jordan, ante Utah. ARCHIVO
Jordan, no sexto partido das finais do 98. ARQUIIVO

O OUTRO día fun lanzar uns tiros (marcarme uns airballs) e uns nenos que pasaban pola rúa comezaron a berrar "Jordan, Jordan!". Mirei sorprendido a un lado e ao outro e comprobei que estaba só nas pistas, así que as súas loas (chanzas) só podían ir dirixidas a min. Os rapaces pasaron cinco minutos (30 segundos) animándome con verdadeira devoción, tempo no que lles devolvín o afecto con varias accións de mérito (un par de pedradas a taboleiro) culminadas cun mate de concurso (bote no pé e caída subseguinte). Sentinme como Mike no sexto partido das finais do 98. E comprendín que a realidade, nas pistas de Fontiñas, no Congreso dos Deputados ou Ucraína, é sempre unha cuestión de perspectiva.

Como Mike
Comentarios