jueves. 24.06.2021 |
El tiempo
jueves. 24.06.2021
El tiempo

Colón e gora España

La manifestación de Colón de 2019 FERNANDO VILLAR (EFE)
La manifestación de Colón de 2019 FERNANDO VILLAR (EFE)

O MAIOR signo de que se achega a vella normalidade é que a dereita —a auténtica— se manifesta de novo en Colón. Non descubro América se digo que Cataluña vai ocupar —outra vez— os titulares que eran do covid. Agardamos tamén novas de Venezuela. Apenas a visita furtiva do opositor Leopoldo López a Cambados nos recordou nos últimos tempos ao hibernante inimigo bolivariano. No seu canto emerxeu Marrocos, con cíclica precisión. E agora chega a Eurocopa. Que mellor para esquecer os males neste país de patapum parriba. Xa o dicían os Lendakaris, con irónica precisión: "Yo que soy más vasco que el árbol de Gernika, cuando juega la selección no sé lo que me pasa. ¡Gora España!".

Colón e gora España
Comentarios