martes. 24.11.2020 |
El tiempo
martes. 24.11.2020
El tiempo

A noite que coñecín a Juan Muñoz

Juan Muñoz
Juan Muñoz

POUCAS VECES ten un a ocasión de coincidir cun artista de primeiro nivel. A min pasoume hai anos ás portas de Ruta, naquela época xa lonxana na que as discotecas aínda estaban abertas. Juan Muñoz, de Cruz y Raya, pretendeu entrar pola cara. "¿No sabes quién soy yo?", espetoulle ao porteiro, quen, imperturbable, replicou cun lacónico "non".


O cómico, que talvez non atravesaba o seu mellor momento, xa separado de José Mota e intentando levantar a súa carreira con decadentes bolos en hoteis do Mediterráneo, acabou pagando os cinco euros que valía a entrada. Dentro víaselle feliz. Quizais iso explique a súa recente invectiva contra o Goberno polas novas restricións ao ocio nocturno. "¡Prefiero morirme de covid que de asco!", dixo hai uns días. "¡Ja me maaten!", omitiu.

 

A noite que coñecín a Juan Muñoz
Comentarios