lunes. 03.08.2020 |
El tiempo
lunes. 03.08.2020
El tiempo

A néboa no Fiouco

Tramo de O Fiouco con niebla. JOSÉ Mª ÁLVEZ
Tramo de O Fiouco con niebla. JOSÉ Mª ÁLVEZ
Pedían algúns miserentos pouco menos que recibir os madrileños con metralletas en Padornelo. Agardo que cando desconfinen A Mariña non pidan facer o mesmo no Fiouco. Imaxinen a sangría. Apuntando no medio da néboa. Os mariñáns son vítimas e non culpables, igual que o eran os madrileños. É curioso: o covid-19 é un virus tan democrático como a mesma democracia; semella que todos somos iguais ante el pero ao final sempre perden os mesmos. Nos Estados Unidos cébase cos navajos. En Brasil golpea nas favelas. En Madrid, nos barrios periféricos e entre os anciáns. E en Galicia, nunha bisbarra tan castigada ultimamente. O bo é que de todo se sae; incluso da néboa do Fiouco.

A néboa no Fiouco
Comentarios