Opinión

Un equipo feminino

O PRIMEIRO equipo feminino de fútbol federado da comarca xa é unha realidade. O Ribadeo FC Pontenova, integrado por xogadoras de distintos puntos da comarca, xogou por primeira vez na casa (no Pepe Barrera de Ribadeo) esta fin de semana e cunha victoria. Xa xogara un partido a semana pasada e non conta tanta sorte, pero iso é o de menos. O importante é que haxa un equipo feminino de fútbol no que as rapazas podan desfrutar e competir facendo aquilo que lles gusta. Non pasa só no fútbol. Pasa en moitos deportes de equipo. Cando as regras impiden xogar aos equipos mixtos, as rapazas teñen que deixar a competición. No deporte, como noutros moitos campos, aínda hai moito que avanzar para conseguir a igualdade, pero pedra a pedra, equipo a equipo vaise ir logrando. Oxalá que o Ribadeo FC Pontenova sirva de exemplo para que as rapazas se animen con deportes que son maioritariamente masculinos e se formen máis equipos noutros puntos da comarca e non só de fútbol senón tamén doutros deportes, porque tristemente en baloncesto a comarca xa non conta con ningún equipo feminino despois da desaparición dos de Burela e Lourenzá.

Comentarios