Opinión

A tensión desgasta

NUN PAÍS sen lei de divorcio, ainda que unha das partes queira separarse non lle queda máis remedio que continuar en parella. Legalmente non é posible a ruptura por máis que o amor minguara, nalgunhas ocasións se produciran broncas tan estridentes que sobrepasaran as paredes do fogar ou incluso houbera insultos estridentes que en nada axudaran a convivencia. En vez de buscar fórmulas para entenderse ou incluso favorecer a recuperación das querenzas, a tendencia das partes é profundar no enfrontamento, unha en base á imposiblidade legal de que se produza o alonzamento, pois por máis que a vida conxunta depare desgustos non o aceptaría de ningunha maneira, e a outra porque non ve posible o restablecemento do cariño debido ao deterioro dunha relación pola que tampouco fixo moito por mellorar. Mentres se recupera a difícil convivencia ou se plasma a ruptura, a tensión desgasta.

Comentarios