Opinión

Quen resiste, ás veces gaña

A ESTENDIDA idea de que quen resiste gaña ten exemplos claros de que se cumpre, aínda que non sexa científica, claro. É incuestionable o paralelismo por aguante dos laboristas británicos e os socialistas españois ao pasar de liderados febles a sólidos sen cambiar de dirixente. Pedro Sánchez chegou á secretaría xeral na provisionalidade e gañou logo unhas primarias contra o aparato cando ao dar o paso para disputalas tiña todos os boletos para perder. E Jeremy Corbyn comezou a carreira por liderar o Partido Laborista en cuarta posición e foi elixido, aínda que máis polos simpatizantes que polos militantes, polo que a súa posición era incómoda, pero aguantou e obtivo uns esperanzadores resultados electorais e así consolidouse. En parte pola debilidade da conservadora Theresa May, pero tamén porque logrou a unidade do partido. Aí Sánchez aínda ten bastante que andar.

Comentarios