Miércoles. 22.11.2017 |
El tiempo
Miércoles. 22.11.2017
El tiempo

Problemas son outros, non os datos de agosto

ENTRA na normalidade a destrución de emprego a 31 de agosto. Quizais non tan elevado como desta vez, pero asumible logo dunha temporada turística histórica. O problema é o de outros datos que poden agochar as frías estatísticas de contratacións e rupturas laborais, como o considerable descenso na afiliación na Seguridade Social, a escaseza dos empregos indefinidos (nin chegou ao 8 por cento o pasado mes) e os traballos tan limitados no tempo que poden ser de só un día. Ata o secretario de Estado recoñece a posible existencia de fraudes nas altas e baixas de traballadores que oculta trabas nos seus dereitos con esta práctica habitual de romper o contrato hoxe para facer outro mañá, unhas oscilacións que amosan o trastorno do mercado laboral que deixou unha crise na que medrou a interinidade e baixaron os soldos. Eses son os principais problemas, non os datos de agosto.

Problemas son outros, non os datos de agosto
Comentarios