Opinión

O nacionalismo español medra co separatismo

IGUAL QUE o recorte dobre do Estatuto catalán favoreceu o crecemento da base independentista, todo o proceso secesionista fomentou o aumento do nacionalismo español, durante anos larvado, pero que ante a posibilidade da ruptura territorial aflorou e incrementouse. Certo que o ultranacionalimo de orixe franquista se mantén vivo e se fixo máis visible nos últimos meses coa súa simboloxía (en estandartes ou tatuada en corpos), pero o nacionalismo que enxalza sen máis a singularidade colectiva acrecentouse de xeito colosal, e a bandeira, proscrita por unha importante parte da poboación porque durante corenta anos fora acaparada pola outra, empezou a ensinarse sen reparos. Xa ocorrera durante os éxitos da selección de fútbol, que fixo máis polo nacionalismo español que décadas de democracia aínda que a base fora de xogadores cataláns, pero agora xa non parece un feito illado.

Comentarios