Opinión

O eterno Caveira

GALICIA FOI un inferno. Non teño cualificativos para describilo. No canto diso, hoxe quero compartir un cachiño dunha pequena historia... sobre árbores

"...Aí está o Caveira. Ajado e sucio, pero impoñente, o xigantesco castiñeiro. Se as carballeiras non fosen unha república, seguro que o Caveira sería o seu rei. Centos, miles, de nenos forxamos a súa lenda e fomos socavando no seu lombo os chanzos polos que rubimos. Unha vez arriba, hai moito espazo para moverse e pódese subir polas ramas ata moi alto. Nunha delas, nun punto só accesible para os máis intrépidos, está a caveira tallada. Os maiores din que está aí desde sempre. Un pouco máis arriba, na pola máis alta, está a marca da banda. Unha T sobre unha M, Temibles de Montirón. Baixamos con coidado, para non caernos e para non romper nada. O Caveira é moito máis que unha árbore; é o símbolo de todas as carballeiras. Un tótem, un lugar como sacro, eterno. Quen sería capaz de facerlle dano? Aí estamos os Temibles para defendelo, tal e como nos aleccionaron os maiores. A nosa vida, a nosa gloria, a nosa liberdade marchitaranse, pero as carballeiras permanecerán belas para sempre...."

Escampará. Oxalá aprendésemos algo.

Comentarios