miércoles. 13.11.2019 |
El tiempo
miércoles. 13.11.2019
El tiempo

O drama de Ney

NEY MARCHOU a París e na casa dos González, onde se soña en azul e grana sobre camas presididas por efixies de Pep Guardiola, o mundo veuse abaixo. O meu bo amigo Manel, de vacacións na súa Compostela natal, non andou con rodeos. "Temos que facer algo, meu", díxome, coa mirada perdida, mentres lle daba voltas aos miolos. Estaba preocupado. Notábaselle. Pero o que lle inquedaba non era Bartomeu. Nin a súa nefasta xestión. Non pedía a volta de Laporta, como tantas outras veces. Nin tan sequera a chegada de Coutinho. Só se preguntaba por que decidiran chamarlle Ney a aquel gato que desde maio de 2013 enchera de luz e alegría (e pelos) o coqueto piso dos González na Latina.


P.D. 1: Ney segue chamándose Ney. Baralláronse outras posibilidades para cambiarlle o nome manténdolle unha fonética parecida. Pensouse en Brey, pero descartouse por evocar a certo presidente do Goberno.


P.D. 2: Os González seguen querendo a Ney, o gato, con tolemia; a Ney, o futbolista, non tanto.

O drama de Ney
Comentarios