Opinión

Na encrucillada

NINGUÉN CEDE. É máis, ambos os dous avanzan chanzos na súa escalada. O diálogo entre as partes é desde o domingo máis complicada tras a apertura de colexios electorais en Cataluña cando estaba prohibida e as cargas das forzas de seguridade contra a poboación para evitalo.

Todo parece ir a peor. E ante o seguinte movemento dos soberanistas, que parece ser a declaración de independencia no Parlamento, non lle vai quedar outra ao Goberno que iniciar os trámites para intervir a comunidade, algo que leva intentado evitar desde que se desencadeou a crise, e máis aínda ao non definirse claramente o PSOE no seu apoio. Porque se ben o PP ten na Cámara Alta a maioría absoluta para actuar en Cataluña, é consciente de que dos 24 senadores que corresponden á autonomía só o aprobarían dous, os do PP e C's, ou ao sumo tres, co do PSC. Unha encrucillada con difícil saída.

Comentarios