Miércoles. 22.11.2017 |
El tiempo
Miércoles. 22.11.2017
El tiempo

Insultos agora visibles e multiplicados

TENSIÓNS, insultos e ofensas non son nada novo, pero existe unha considerable diferencia agora co pasado, cando na maioría das veces quedaban no ámbito privado ou non pasaban fóra do bar. As redes sociais multiplican os improperios ao quedar escritos e reproducirse, converténdose ás veces en materia xudicial porque o delito dificilmente demostrable cando é de palabra adquire unha dimensión tanxible coa letra. Os políticos, como persoas públicas, son branco habitual das inxurias, pero ao quedar constancia delas as condenas penais son continuas. Xa hai tantas denuncias que o sistema xudicial ameaza con colapsar. Isto non para. A última, que por desgraza non será a derradeira, foi a vexación a Arrimadas ao desexarlle unha tuiteira que fora violada en grupo. Barbaridades así amosan unha sociedade que precisa poñerse en cura. Demasiada crispación produce monstros.

Insultos agora visibles e multiplicados
Comentarios