Opinión

Enorme tensión reflectida no fútbol tamén

HOUBO UN xogador galego, de Foz para maior abundamento, Nacho, que logo de rexeitar ir á selección española foi pitado por cantos campos pasou. Se aceptase xogar partidos internacionais tras dicir que defendía unha escisión en España seguro que os apupos serían aínda maiores. O problema non era a selección, senón a súa posición, non no recinto de xogo, senón en política. Desde que Piqué apoiou publicamente o referendo de Cataluña, nas redes sociais circula a petición de que deixe a selección. Uns meses atrás, era estridente desde as gradas o seu rexeitamento cada vez que xogaba, tamén no seu equipo. É un repudio á súa postura, independentemente do que faga, paradigma do que ocorre con dúas posicións enfrontadas entre os defensores do mantemento do statu quo e os secesionistas atacantes del. Un partido cunha tensión desmedida que debería rebaixarse.

Comentarios