Opinión

División crónica

A CRÓNICA división socialista en Galicia quedou referendada na votación para a executiva, amparada só polo 71% dos delegados ao congreso logo de que o secretario xeral obtivera a vitoria nas primarias co 58% da militancia participante. A lapidaria frase de Churchill coa que suxería que os rivais son os dos demais partidos e os inimigos os do propio podía ser referida a calquera formación política, pero é visible e sen recato no PSdeG, contenda favorecida pola ausencia de liderado. O emerxente de Besteiro quedou laminado por actuación xudicial e desde Touriño todo foi retroceso desde 25 deputados aos 14 actuais. Ten desta volta a nova executiva tempo para manobrar, pois aínda restan case tres anos para as eleccións autonómicas, se ben antes ten a proba das municipais logo duns congresos provinciais para os que tamén se aventura liorta. Coma sempre no PSOE galego.

Comentarios